Novas cores e novas luces

Posted by Xurxo (Galiza, Spain) on 21 November 2007 in Architecture.

Novas cores e novas luces para un novo "traballo".

Despois de 286 días e máis de 55.000 visitas en blipfoto, hoxe comezo unha nova etapa do meu fotoblog. Os administradores/censores de blipfoto pecharon-me a conta por escreber en galego. Só permiten comentários en english.
Mentres artello unha solución definitiva mudo-me a esta nova casa chamada aminus3.
Parece-me moi interesante unha das características desta web: Debaixo de cada fotografía poñen unha barriña coas cores que predominan na instantánea de cada día e enlazan-te con outras fotografías que usan as mesmas cores. Experiéncia ben curiosa.

Lembrade que un xeito de atopar-me sempre é no meu própio domínio: www.xurxo.com

As miñas anteriores fotografías poden-se ver, mentres agardan a ser rescatadas en: http://www.blipfoto.com/xurxo

Sony DSC-T100
1/1 second
F/3.5
ISO 100
6 mm

luces
cores
concello
castrelo
novas