Posted by xurxo (Galiza, Spain) on 27 January 2008 in Abstract & Conceptual.
Era un 27 de Xaneiro de 2007, recién chegado de Bilbao e animado polo entusiasmo fotográfico da Lorena cando comezaba a subir fotografias do meu decorrer diário. Non vou facer agora un resume da miña experiencia vital destes derradeiros 365 dias, entre outras cousas porque moitas delas están nas fotografias e nos textos cada vez máis escasos que as acompañan. Pero, si que é certo que voltando a vista atras, saltando de aminus3 a blipfoto, para ser un só ano si que pasaron ben cousas... Algunha delas entusiasmante, e ás veces absorvente. Voltando atrás, a fai 12 meses, 11 meses... o que si contemplo é como pouco a pouco foron fuxindo as letras...
Era difícil atopar unha fotografía para hoxe. Pór unha soa instantánea que resuma o ano, non sería apropiado nin certeiro.
Despois de dar-lle voltas e buscar no arquivo atopei esta fotografia do 27 de xaneiro de 2007. Nesa mesma data, a miña irmá, chea de entusiasmo iniciaba un camiño ilusionante.
Foi como ver-a-luz.
VFXY Photos | Cool Photoblogs | Listed on Photoblogs.org
Este local está en O Carballño verdad? me suena mucho...
12 Feb 2008 12:25pm
Asi é.
12 Feb 2008 5:45pm
PREVIEW ONLY
Add your comment ...
SONY DSC-T31 secondF/3.5ISO 1007 mm
aniversarioveraluznenairmasonhoentusiasmo