Castrelo de Miño Olímpico!

Posted by xurxo (Galiza, Spain) on 19 April 2008 in Sport & Recreation.

Sede de Remo da Universiada Vigo 2013.

As miñas primeiras lembranzas olímpicas datan de Los Angeles 1984. Tiña oito anos.
Tarde de verán en Prado do Miño diante dunha ITT technicolor alemana de 24 polegadas. Menudo espectáculo mundial en directo diante dos meus ollos.
Logo virían Seul, e por suposto Barcelona.

Hoxe teño 31 anos. Son o alcalde dun concello con 2000 viciños. E estou no Museo do Mar en Vigo, ceando coa Conselleira de Cultura, co tenente alcalde de Vigo, co rector da Universidade de Vigo e con representantes da FISU (organismo encargado da selección da sede da Universiada 2013).
E todos saben exactamente onde está Castrelo de Miño e falan das virtudes da nosa pista olímpica de remo para acoller as probas da Universiada. Seremos a sede ourensana destas Olimpíadas Universitarias.
E misturo imaxes de Los Angeles 84, có Castrelo de Miño do 2013...

SONY DSC-T100
1/50 second
F/3.5
ISO 400
7 mm

mar
museo
vigo
deporte
cea
olimpiada
universiada