|
|
||
Crónica visual dun 25 de Xullo (I)Posted by Xurxo (Galiza, Spain) on 25 July 2008 in People & Portrait. Soñar con algo distinto, materializar a excepción dun día único. A nosa enerxia ten valor! Nin a valía, nin a valentía, nin a amizade, nin o equipo, nin a organización. Aínda lembro aquel 25 de xullo infantil ao que me levou meu tío hai 25 anos. Aínda lembro un pequeno pin, unha pequena bandeiriña galega que me mercaron os meus pais naquela data. Aínda lembro aquel 25 de xullo adolescente de hai 18 anos. Aínda lembro toda aquela información que tentaban capturar os meus ollos abertos. E aínda lembro, aquel hino galego, aquelas 20.000 voces cantando aquel hino galego. Lembro a pel, a miña pel de galiña, lembro os beizos pechados, os dentes mordidos apretando ás bágoas fuxitivas. Lembro a sensacion colectiva de que aquela loita, xa non sería nunca máis en soidade. Hoxe, novos compañeiros viviron a excepción deste día único, e semellantes verbas pronunciaban os seus beizos no xantar da carballeira, explicando as sensacións que todos sentimos ese primeiro día. Varias veces xa teño falado aquí das datas historicas, da nosa propia historia, de cando decidimos tentar guíar o noso propio destino. Son máis das 2 da madrugada dun 26 de Xullo de 2008. Onte foi un deses días, da historia de cada un de nós, da historia de todos. E falaremos durante anos da excepción daquel día único, cando os de Castrelo de Miño unidos nos vimos obrigados a repetir a reivindicación dos nosos antergos. E sorriremos emocionados, como cando escoitamos por primeira vez aquel hino a miles de voces, e nos decatamos de que non estabamos sós.
Comments (3)
|
Sony DSC-T100 |