Crónica visual dun 25 de Xullo (V)

Posted by Xurxo (Galiza, Spain) on 30 July 2008 in People & Portrait.

Festa rachada na carpa do Ribeiro cos "rianxeiros e rianxeiras".
Festa emotiva cando nos adicaron o romance de cego de Suso Vaamonde:

Miren señores que historia
nun pobo do noso Ourense
que ten xuez e segredario
e tamén señor forense.

Cheo de uva e de amor
era un val tan fermosiño
era en Galiza unha frol
era Castrelo de Miño.

Hasta que chegou o día
nunha mañá moi fermosa
en que chegou a Castrelo
o Conde señor Fenosa.

Ademiraba aquel conde
non as ringleiras do viño
senón o embalse futuro
do meu Castrelo do Miño.

Cando en Castrelo se soupo
das intencións daquel conde
o pobo en hirmandade
ante a infamia responde.

Estas verbas di Fenosa
"si les jodo que mas da
a mi lo que me interesa
es la electricidad".

"Que el embalse se construya"
dixo Paco entusiasmado
e alí mandou os ceviles
pra impoñer seu mandado.

Pedradas mandou o pobo
que lles foron a perilla
pros que enchen de auga Castrelo
e dan a lus a Castilla.

Fíxose logo o mandado
pagaron a patacón
a vila nun pedregallo
a xente na emigración.

Hoxe volven as andadas
mais encoros van facer
probiños dos nosos rios
e de nos que vai a ser.

Esta foi a triste historia
dun pobo do noso Ourense
que ten xuez e segredario
e tamén señor forense.

Sony DSC-T100
1/1 second
F/3.5
ISO 400
6 mm

25
festa
compostela
patria
xullo
carballeira
rachada